dav

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) plantexa á Deputación de Pontevedra promocionar no exterior os parques empresariais

O secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), mantivo hoxe un encontró con Javier Dios Pomares, Deputado Provincial de Innovación e Promoción Económica da Deputación de Pontevedra, co que tivo a oportunidade de valorar a situación actual dos parques empresariais da provincia de Pontevedra e presentar a laboura da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) como entidade autónómica representativa dos parques empresariais.

Tanto David Sobral como Javier Dios coincidiron na necesidade de impulsar a reindustrialización da provincia de Pontevedra e da mellora da coordinación das diferentes zonas industriais nun plantexamento de colaboración e aposta pola suma de esforzos á hora de impulsar os parques pontevedreses e pola súa promoción e dinamización para evitar os erros do pasado nos que tan só se construían polígonos empresariais como unha operación urbanística sen continuidade que logo quedaban pouco atendidas e sen apoio.

Neste senso, tanto FEGAPE como a o titular da área de innovación e promoción económica provincial, destacaron a carencia de políticas de promoción do solo industrial no exterior para atraer empresas que se ubicasen no chan industrial existente na actualidade nos polígonos empresariais de Pontevedra pola carencia de políticas de promoción de solo.

Neste senso o deputado provincial puido coñecer a laboura que dende o ano 1998 leva realizando FEGAPE no eido da promoción, mellora e dinamización dos parques e áreas empresariais galegos e en especial dos da provincia de Pontevedra.

Pola súa parte, FEGAPE presentou ao diputado un documento de traballo no que incluía a aposta por políticas de reindustrialización, promoción, difusión e dinaminzación das áreas empresariais da provincia de Pontevedra.

Posted in Uncategorized.