Apoios á exportación

Países Lusófonos

Hoxe os países da lusofonía representan unha das opcións de investimento máis interesantes para a economía galega. Países como Angola ou Brasil medran a un ritmo superior ao da media internacional. Asemade, outros como Mozambique, Cabo Verde ou as rexións lusófonas de Macau (China), Goa (India) ou Timor Leste e Guinea Bissau, representan tamén unha boa oportunidade nun cadro de crecemento económico.

Daquela, neste novo mapa de oportunidades que supoñen os países de fala portuguesa para Galicia, existen diferentes instrumentos, tanto galegos como en destino, de apoio e financiamento para as empresas galegas que desexen abrirse camiño no exterior. Estes organismos, tanto de ámbito galego como estatal, teñen como obxectivo incentivar e asesorar á internacionalización das empresas galegas no exterior, ofrecendo ao empresariado galego información relevante do país co que se desexe establecer unha nova canle de comercialización.

Principais organismos públicos de apoio á internacionalización: