IGAPE

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é a axencia, adscrita á Consellería de Economía e Industria, para o desenvolvemento económico de Galicia.

A misión do IGAPE é a de apoiar todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial.

Os obxectivos que pretende levar a cabo pódense concretar en:

  1. Impulsar a creación de novas empresas e fomentar decididamente o espírito emprendedor.
  2. Incrementar a competitividade das empresas galegas a través da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
  3. Atraer investimento a Galicia.
  4. Facilitar a internacionalización.
  5. Apoiar a cooperación e os proxectos colectivos de empresas galegas.

SEDE CENTRAL
Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n 15703
Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel. 902 300 903 / 981 541 147 Fax: 981 558 844


 IG208 – INTERNACIONAL

Axudas aos organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas

Finalidade / Obxectivo

Co obxectivo de incentivar a realización de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para facilitar a internacionalización das empresas ás que representan.

Contía das axudas

A intensidade de axuda será do 90 % de subvención sobre os gastos subvencionables co límite máximo de subvención máxima de 100.000 euros por beneficiario e convocatoria.


IG194

Axudas ás empresas do sector téxtil – moda – confección para actuacións e estratexias de promocion e internacionalización

Finalidade / Obxectivo

Co obxectivo de incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción e acceso a mercados, xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil moda confección nos mercados externos a Galicia, tanto estatais coma internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

  1. Actuacións de difusión
  2. Actuacións de promoción
Contía das axudas

Para as actuacións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 45.000€ por beneficiario.


IG158 – INTERNACIONAL

Primeira implantación promocional conxunta no exterior – Plan Primex (2014)

Finalidade / Obxectivo

Este programa está dirixido a empresas galegas que acaden un acordo de cooperación entre elas para aunar esforzos, compartir custos e, se é o caso, estratexia e marca para establecerse por primeira vez en novos mercados internacionais para o lanzamento de produtos ou servizos galegos en novos países.
Así mesmo, coa mesma finalidade de cooperación, para a introdución en novos mercados internacionais, apoiaranse as accións que realicen os organismos intermedios beneficiarios para os seus asociados que participen no proxecto baixo as regras de funcionamento que establezan co organismo intermedio beneficiario.

Contía das axudas

A contía da axuda será do 45% de subvención sobre os gastos subvencionables, con incremento do 5% por cada empresa galega/organismo intermedio participante na agrupación ou consorcio a maiores do número mínimo requirido de 3 empresas galegas ou 1 organismo intermedio, ata un máximo de 70% de subvención.


IG166

Contratación de xestores IGAPEX de internacionalización (2014)

Finalidade / Obxectivo

Facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial, conseguindo, ao mesmo tempo, a formación de especialistas en comercio exterior e a súa incorporación ao mercado laboral.

Contía das axudas

A contía da axuda para os contratos laborais que se formalicen -a tempo completo ou parcial, cumprindo os requisitos destas bases, será do 75% do salario bruto anual.