dav

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) plantexa á Deputación de Pontevedra promocionar no exterior os parques empresariais

O secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), mantivo hoxe un encontró con Javier Dios Pomares, Deputado Provincial de Innovación e Promoción Económica da Deputación de Pontevedra, co que tivo a oportunidade de valorar a situación actual dos parques empresariais da provincia de Pontevedra e presentar a laboura da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) como entidade autónómica representativa dos parques empresariais.

Tanto David Sobral como Javier Dios coincidiron na necesidade de impulsar a reindustrialización da provincia de Pontevedra e da mellora da coordinación das diferentes zonas industriais nun plantexamento de colaboración e aposta pola suma de esforzos á hora de impulsar os parques pontevedreses e pola súa promoción e dinamización para evitar os erros do pasado nos que tan só se construían polígonos empresariais como unha operación urbanística sen continuidade que logo quedaban pouco atendidas e sen apoio.

Neste senso, tanto FEGAPE como a o titular da área de innovación e promoción económica provincial, destacaron a carencia de políticas de promoción do solo industrial no exterior para atraer empresas que se ubicasen no chan industrial existente na actualidade nos polígonos empresariais de Pontevedra pola carencia de políticas de promoción de solo.

Neste senso o deputado provincial puido coñecer a laboura que dende o ano 1998 leva realizando FEGAPE no eido da promoción, mellora e dinamización dos parques e áreas empresariais galegos e en especial dos da provincia de Pontevedra.

Pola súa parte, FEGAPE presentou ao diputado un documento de traballo no que incluía a aposta por políticas de reindustrialización, promoción, difusión e dinaminzación das áreas empresariais da provincia de Pontevedra.

IMG_3580rer

Boa acollida da plataforma exportar en galego nos medios e no empresariado galego

A secretaría xeral de Política Lingüística e a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) presentaron onte na Cámara de Comercio e Navegación de Tui a plantaforma www.exportarengalego.gal, unha ferramenta de apoio ás empresas galegas que queiran internacionalizarse cara os países de lingua portuguesa.

Acompañados polos membros da Cámara de Comercio e reprentantes institucionais de Tui e Valença do Minho, así como representantes empresariais e institucionais galegos, o secretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e o secretario xeral de FEGAPE, David Sobral Pidre, presentaron a nova plataforma e as súas funcionalidades.

Buscador Paz-Andrade

Ademais de sementar a idea entre as empresas das portas que abre o galego á hora de dar o salto máis aló das fronteiras estatatis, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Federación Galega de Parques Empresariais tentan facilitarlle aos interesados ferramentas para facelo posible. Por iso onte se presentou tamén, xunto á plataforma exportarengalego.gal, o buscador asociado á web, bautizado como Paz-Andrade en homenaxe ao empresario e galeguista.

Esta ferramenta, unha das primeiras medidas vencelladas coa iniciativa lexistativa Paz Andrade que rematou en lei aprobada pola Cámara galega, non é un motor de busca convencional, como sinalan dende a Fegape, senón un metabuscador que permite a procura de “conceptos de interese económico financeiro nos países da lusofonía” con máis de 700 fontes especializadas no sector empresarial, abranguendo dende institucións gubernamentais a portos e aduanas, pasando por bancos, universidades, apoios económicos ou medios de comunicación. Por exemplo, explican, se un empresario desexa coñecer os portos de Angola só tería que procurar “portos Angola” e aparecerían automaticamente todas as referencias existentes vencelladas a esa materia. É dicir, o Paz-Andrade está deseñado “especialmente” para as empresas que queiran achegarse aos países de fala portuguesa para internacionalizar os seus negocios. Segundo a web, aporta tamén información sobre estatísticas, publicacións, eventos e elementos sobre quen é quen nas áreas onde se está a producir a información”.

Malia a todas as funcionalidades que ten xa, Fegape non descarta incorporarlle máis. Mesmo, sinalan dende esta organización, “dar un paso máis cara a posibilidade de plantexar análises sectoriais de oportunidades de negocio concretas en sectores concretos de cada país”. Inda máis, a aposta de Fegape sería crear un observatorio ou organismo permanente que adopte como obxectivo principal unha estratexia de desenvolvemento da economía galega no mundo da lusofonía.

Ademais do buscador, a web ofrece una sección para cada país cos principais indicadores e os sectores con maior interese de inversión que irá “actualizándose”, e diferentes ferramentas e recursos de interese, dende aspectos luingüísticos ata apoios á exportación das institucións.

A Xunta de Galicia apoia a lingua propia do noso país como vantaxe empresarial competitiva nos países de fala portuguesa. No marco do desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua protuguesa e vínculos coa lusofonía, o executivo galego contempla na súa axenda de traballo accións estratéxicas de promoción das relacións cos países de fala portuguesa. Unha delas é a campaña Exportar en Galego, impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), dentro da que se poñen en marcha agora dúas novas ferramentas que o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta mañá: a plataforma www.exportarengalego.gal e mais o buscador Paz-Andrade, ambas as dúas orientadas a favorecer o uso do galego na internacionalización das nosas empresas.

Máis de 200 millóns de falantes
García Gómez agradeceu a acollida da Cámara de Comercio de Tui para a celebración do acto e animou o empresariado alí presente a aproveitar, “tanto a interesante información que a plataforma Exportar en Galego e o seu buscador Paz-Andrade lles ofrecen, como a vantaxe que supón contarmos cunha lingua próxima á dos 217 millóns de falantes da lusofonía”. O secretario xeral de Política Lingüística evocou o exemplo do empresario e galeguista Valentín Paz-Andrade, cuxo nome leva o buscador que se presentou hoxe, para asegurar que “o dominio do galego pode favorecer, en países emerxentes cun peso económico cada vez máis importante, esa comunicación áxil e xeradora de confianza que tantas veces é determinante á hora de pechar un negocio”.

No acto, acompañaron a Valentín García o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez; o presidente da Câmara Municipal de Valença do Minho, Jorge Salgueiro Mendes; o secretario da FEGAPE, David Sobral Pidre; o presidente e o vicepresidente da Cámara de Comercio de Tui, os empresarios Gumersindo Alonso Gestoso e José María Fonseca Moretón, respectivamente.

Un banco de datos específico
Exportar en Galego é a primeira plataforma activa que ofrece información de carácter económico e empresarial centrada nos países de fala portuguesa. Inclúe o buscador Paz-Andrade -un auténtico banco de datos con información específica sobre mercados, sectores de actividade e oportunidades de negocio- e mostra o potencial da lingua galega como elemento facilitador dunha comunicación fluída, peza chave en calquera proceso de internacionalización.

Trátase dunha ferramenta enmarcada na campaña do mesmo nome e xurdida a partir da aprobación, en marzo de 2014, da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e dos vínculos coa lusofonía -a coñecida como Lei Paz-Andrade aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia a raíz dunha proposición de lei de iniciativa lexislativa popular avalada por 17000 sinaturas-, que ten como obxectivo aproveitar a vantaxe lingüística do galego na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa.

Ao mesmo tempo, Exportar en Galego entronca coas directrices estratéxicas emanadas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004) que sinalan dentro do ámbito económico que, dado que a proximidade lingüística cos países lusófonos favorece a intelixibilidade do noso idioma na relación comercial cos países veciños, cómpre incidir na atención ao mercado portugués.

Campaña ‘Exportar en Galego’
A campaña “Exportar en Galego”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da FEGAPE, avanza na súa andaina para favorecer o uso da lingua galega na internacionalización das empresas coa presentación da súa plataforma e do buscador Paz-Andrade. A campaña botou a andar no ano 2013 coa publicación da Guía para a exportación a países de lingua portuguesa e dálle continuidade a outra anterior, O galego, chave para os teus negocios do mundo, posta en marcha polas mesmas entidades no 2012 co fin de promover a utilización do galego como lingua dos negocios tanto dentro como fóra de Galicia.

Captura

Galicia e Brasil: horizonte comun

www.aredacao.com.br/artigos/40905/galiza-e-brasil-horizontes-comuns

Galiza e Brasil: horizonte comum

Língua galega integra lusófonos e hispânicos

A relação da Galiza – região situada no noroeste de Espanha e ao norte de Portugal – com a lusofonia, e especialmente com o Brasil foi, desde sempre e para nós, uma questão histórica e de fortes reivindicações empreendidas em diferentes momentos do tempo por destacadas figuras galeguistas da cultura ou da política.

Algumas das mais notáveis foram frei Martín Sarmiento, Manuel Murguía, Valentim Paz-Andrade e tantos outros, principais construtores históricos sobre os que hoje se assenta o atual discurso ideológico ao redor da nossa língua – o galego – e das possibilidades da Galiza como região com uma cultura diferenciada dentro da própria Espanha. E com uma língua, o galego, irmã do português.

Esta constatação da utilidade da língua da Galiza como potencial econômico, social ou cultural no que diz respeito aos países lusófonos, supôs uma visão adiantada na forma de perceber a cultura e a língua. Isto entronca diretamente com uma ideia e uma visão de desenvolvimento que não sempre, por causa de questões ideológicas, obteve compreensão dentro do nosso país, deixando passar assim inumeráveis oportunidades de relacionamento com toda a comunidade lusófona mundial.

Obviou-se, em definitiva, a capacidade catalisadora que supunha a língua galega no mundo e as vantagens que representava como peça fundamental para o nosso desenvolvimento interno a partir da conexão que as afinidades culturais e lingüísticas nos outorgavam com os países de fala portuguesa.

Contudo, e apesar da falta de um apoio institucional incapaz de reconhecer a proximidade lingüística entre ambas línguas para estabelecer, em conseqüência, caminhos de relacionamento que impulsionassem novos intercâmbios culturais, o certo é que o interesse natural dos galegos por achegar-se a sua língua-irmã não decaiu.

Este fato demonstra-se com a aprovação pelo Parlamento da Galiza, no próximo dia 11 de março de 2014, e com previsão de unanimidade, de um novo marco legislativo que permitirá o “aproveitamento da língua portuguesa e dos vínculos com a lusofonia”. A Iniciativa Legislativa Popular leva o nome de Valentim Paz-Andrade, ilustrado galego da cultura, da política, e da empresa do séc. XX, e fortemente vinculado ao mundo lusófono tanto no plano cultural coma no empresarial.

Paz- Andrade foi também o arquiteto ideológico de um modelo de desenvolvimento econômico para a Galiza daquele então que passava necessariamente por projetar-se para o exterior, particularmente para a lusofonia. Um modelo visionário, no que a Cultura funcionava como elemento nuclear capaz de provocar impactos multidimensionais em toda a estrutura econômica de um país, e no que a língua jogava um papel chave.

Esta maneira de perceber a Cultura, a Economia, e as Relações Internacionais, de ter-se tido em conta no passado, situar-nos-ia hoje noutra esfera de conhecimento e de expansão.

Também nos últimos anos, vozes sensíveis, começam a abrir o debate para analisar uma possível pertença da Galiza como membro observador ou convidado da CPLP; esta eventual incorporação traria enormes possibilidades de expansão multilateral para o desenvolvimento de diferentes setores industriais e culturais, onde a língua comum facilitaria os intercâmbios e alargaria todos os campos de atuação, e particularmente no referente às produções culturais, ao constituir o mercado luso-galego uma saída quasi-natural e de maior dimensão, veiculada através da língua.

Dados os novos reptos aos que devem enfrentar outros setores do sistema produtivo em profunda crise na atualidade, as indústrias culturais emergem, para nós, como oportunidade para converter-se em motores de crescimento com a força suficiente para mudar velhos e ineficientes paradigmas.

Hoje a comunidade lusófona está composta por perto de 200 milhões de pessoas no mundo, a hispanófona supera os 500 milhões, e a Galiza, pela sua posição geoestratégica, erige-se como um ponto de encontro privilegiado capaz de conectar a lusofonia com a hispanofonia e com a Europa. Neste tempos, de novos desenvolvimentos, de construções e reconstruções, o efeito multiplicador da Cultura é inegável, e já quase ninguém concebe nenhum sucesso no plano econômico sem conectar com a cultura.

Aproveitemos, pois, Brasil e Galiza, os espaços comuns. Temos esta obrigação!

*Maite Vence é economista e diretora de FAZ Cultura e Desenvolvimento (www.fazconsultora.com), empresa da Galiza (Espanha) especializada em Cultura, Turismo e P&D em sectores econômicos ligados à inovação.

– See more at: http://aredacao.com.br/artigos/40905/galiza-e-brasil-horizontes-comuns#sthash.abQDAAS7.dpuf

convite_exportar_en_galego[1]

Presentase o portal www.exportarengalego.gal na Cámara de Comercio e Navegación de Tui

convite_exportar_en_galego[1]

O vindeiro venres día 20 de Febreiro ás 110:00 horas da mañá na Cámara de Comercio e Navegación de Tui, a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia presentarán ao público  “Exportar en Galego, a primeira plataforma de apoio á exportación galega aos paises da lusofonía, que conta ademáis cunha novidosa ferramenta, o buscador Paz-Andrade, unha ferramenta que permitirá aos empresarios realizar procuras sobre diferentes aspectos económicos dos paises da lusofonía como datos de contacto de institucións gubernamentais, portos, universidades, bancos, lexislación, aduanas, e todo tipo de datos de interese económico.

O evento contará cos seguintes ponentes:

– Don Gumersindo Alonso Gestoso, presidente da Cámara de Comercio e Navegación de Tui

– Don David Sobral Pidre, secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais;

– Don José María Fonseca Moretón, empresario e vicepresidente da Cámara de Comercio de Tui;

– Don Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia;

– Don Jorge Salgueiro Mendes, presidente da Câmara Municipal de Valença do Minho;

– Don Moisés Rodríguez Pérez, alcalde do Concello de Tui.

Tralo acto de presentación, a xornada completarase cunha demostración do funcionamento da plataforma “Exportar en galego” e do seu buscador “Paz Andrade” a cargo de don Nicolás Iván Vaqueiro, de Galipad consultling S.L., e dona Maite Vence, de Faz Cultura e Desenvolvemento, respectivamente.