lingua_internacional

Máis de 200 millóns de persoas no mundo falan portugués, unha oportunidade estratéxica

A importancia da lingua portuguesa no mundo é evidente. Potencia colonial e comercial dende o século XV, a impronta dos seus gobernantes dende Enrique “O Navegante” ata o século XX nas colonias foi evidente dende o punto de vista comercial, xenerando unha masa poboacional de máis de 250 millóns de persoas que teñen o portugués como língua de uso diario, incluindo os aspectos económicos.

Para fornecer esta unidade lingüística, naceu nos ano 90 do século pasado, a Comunidade de Países de Língua Portuguesa (en portugués: Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, CPLP), un foro multilateral entre países de todo o mundo que teñen como língua vehicular o idioma portugués.

A CPLP comprende arredor de 250 millóns de habitantes. Os países da CPLP totalizan un área aproximada de 10.708.674 kilómetros cadrados. A CPLP formouse en 1996 con sete estados (Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal e Santo Tomé e Príncipe). Timor Oriental uniuse no ano 2002 logo da súa independencia de Indoneisia, sen descartar dúas rexións de alto interesse económico como Macao em China e Goa en India, rexións amba-las dúas, que teñen o portugués como lingua de referencia.

Asimesmo, a pegada do portugués aumenta co establecemento de centros de ensinanza da língua portuguesa (Instituto Camões) nas principais cidades e áreas rurais de varios países da África meridional, así como en Namibia e Sudáfrica, convertendo ó portugués nun dos idiomas máis importantes de África.

Posted in Novas.