SEPES

SEPES Entidade Pública Empresarial de Solo é un organismo público adscrito ao Ministerio de Fomento cuxa misión é lograr o reequilibrio social e económico de todo o territorio español a través da promoción, adquisición e preparación de solo para asentamentos residenciais, industriais, terciarios e de servizos. Para iso, elabora os proxectos de urbanización e encárgase da execución das infraestructuras urbanísticas necesarias.

Así mesmo, e cando llo encomendan as administracións competentes, SEPES realiza actuacións en materia de vivenda protexida, mediante a promoción de solo residencial e, en ocasións, a través da edificación das vivendas necesarias.

SEDE
Pso. de la Castellana, 91. 28046 Madrid
Tel.: 91 556 50 15
Fax: 91 556 69 89