XESTUR

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. é unha sociedade anónima que ten como obxectivo os seguintes fins:

  1. Elaboración de estudos urbanísticos, incluindo a redacción de plans de ordenación e proxectos de urbanización, así como a iniciativa para a súa tramitación e aprobación.
  2. Desenvolvemento da actividade urbanizadora, que comprende tanto a promoción e preparación do solo, a renovación ou remodelación urbana, a realización de obras de infraestructura urbana ou a dotación de servizos para a execución dos plans de ordenación.
  3. Xestión e explotación de obras e servizos resultantes da urbanización, no caso de obter a concesión ou finalizar o convenio correspondente, conforme ás normas aplicables a cada caso.
  4. Calquera outra actividade relacionada coas expresadas nos apartados anteriores incluso a construción, aluguer e expropiación de naves, vivendas e locais industriais e comerciais.

SEDE

O seu domicilio social está estabelecido no Polígono das Fontiñas Área Central Local 25Z Primeiro Andar, 15707 Santiago De Compostela.