Angola

Bandeira de angola

Cunha das maiores taxas de crecemento de PIB das últimas décadas, Angola esta a experimentar un desenvolvemento económico sólido dentro de África.  As previsións económicas para os próximos anos manteñen un importante medre do PIB, aínda que máis moderado. O país angolano  atópase nun momento crucial no plano económico e social, e un dos principais retos aos que se enfrenta é a procura dun crecemento sostible e a creación das bases para un Estado de Benestar. As infraestruturas, a pesca, ou os servizos, son algúns dos sectores que maior demanda externa presentan e que constitúen unha magnífica oportunidade de negocio para os empresarios galegos.

O sector petrolífero  financia programas de reconstrución e desenvolvemento ao longo de todo o país, o que unido ao feito de que a produción nacional de bens manufacturados é moi reducida, xera unha situación de altas oportunidades en case todolos sectores.

Angola é tamén o terceiro maior exportador de petróleo da África subsahariana e o oitavo do mundo. Asemade, dispútase con Nixeria o posto de primeiro produtor de petróleo de África subsahariana cunha produción de 1,7 millóns de barrís por día en 2013, e é tamén o cuarto produtor mundial de diamantes. A exploración de novos puzos petrolíferos en augas profundas vai propiciar que Angola incremente a produción de petróleo nos próximos anos.

Datos

Poboación 2013: 20.820.000 habitantes
Goberno: República (independente dende 1975)
Presidente: Jose Eduardo Dos Santos
Capital: Luanda
Cidades principais: Lobito, Benguela, Huambo.
Moeda: Kwanza (AOA)
Área total: 1.246.700 km2
Taxa de crecemento PIB: 5,3 % (est. 2014)
IPC 2013: 8,8%
Principais produtos: Petróleo, gas, diamantes, pesca, azucre, café, sisal, casava, batata, cítricos e mel.
Fuso horario: UTC+1
Prefixo telefónico: +244

Recursos económicos

Angola ten unha gran diversidade de recursos naturais. Estímase que o seu subsolo teña 35 dos 45 minerais máis importantes no comercio mundial, entre os cales destacan o petróleo, os diamantes e o gas natural. Tamén ten grandes reservas de fosfato, ferro, manganeso, cobre, ouro e rochas ornamentais, ademáis dunha gran produción de gando. O cultivo do café e o petróleo representan o 90% das exportacións.

Os principais xacementos de petróleo en expansión sitúanse na costa das provincias de Cabinda e Zaire, no norte do país. As reservas de diamantes, localizadas en Luanda Norte e Luanda Sur son admiradas pola súa calidade e consideradas unhas das máis importantes do mundo.

Ligazóns de interese:

www.governo.gov.ao
www.embajadadeangola.com
www.bda.ao
www.uan.ao
www.jornaldeangola.com