Cabo Verde

Bandeira de Cabo Verde

A estrutura económica de Cabo Verde xira en torno ao sector servizos, empregador do  58% da poboación activa e xerador de aproximadamente un 65% do PIB  grazas ao forte peso do turismo, sector chave na súa economía (representa ¼ do PIB do país) e cuxo futuro depende da capacidade do país para mellorar as súas infraestruturas enerxéticas, de transporte, sanidade e comunicacións. O peso no PIB do sector industrial, que emprega ao 16% da poboación activa, é máis reducido, no entanto, espérase que sexa o sector que experimente un maior crecemento durante os vindeiros anos.

Cabo Verde é o país da Comunidade de Estados de África Occidental (CE-DEAO) que rexistrou un maior crecemento económico durante o período 1993-2008. Durante este ciclo económico, que comezou co recoñecemento internacional da democracia caboverdiana e terminou coa recesión global de 2009, o país insular medrou unha media do 7.4% (datos FMI), ainda tendo en conta a súas limitacións de recursos.  Con todo, pode brindar oportunidades interesantes ás empresas galegas nos sectores do turismo e construcción.  A mellora da economía internacional e, especialmente da Zona Euro, prevista para este ano 2014, afectará positivamente á economía caboverdiana. Agárdase que medre un 2,9% e 3,4% en 2014 e 2015, respectivamente.

Datos

Poboación 2013: 500.000 habitantes
Goberno: República parlamentaria
Presidente: Jose Carlos Fonseca
Capital: Cidade da Praia
Cidades principais: Praia, Mindelo, Mosteiros, São Filipe, Porto Novo.
Moeda: Escudos caboverdinianos (CVE)
Área total: 4.033 km2
Taxa de crecemento PIB: 3,0 % (est. 2014)
IPC 2013: 1,5 %
Principais produtos: Agricultura, pesca, sal, pozolana, forte sector turístico.
Fuso horario: UTC-1
Prefixo telefónico: +238

Recursos económicos

Os recursos económicos de Cabo Verde dependen sobre todo da agricultura e da riqueza mariña. Os cultivos máis importantes son o café, a banana, a cana de azucre, os froitos tropicais, o millo, os feixóns, a batata doce e a iuca.

O sector industrial encóntrase en pleno desenvolvemento e podemos destacar a fabricación de augardente, roupa e calzado, tintas e vernices, o turismo, a pesca e as conservas de pescado e a extracción de sal, sen esquecer a artesanía e a construción.

A banana e a industria das conservas de peixe, o peixe conxelado, as lagostas, o sal e a roupa son os principais produtos exportados. Deste xeito, o comercio e o turismo, especialmente na illa do Sal, producen o 69% do PIB. O sector secundario xera o 17% do PIB. O país importa máis de 80% dos alimentos que consume.

Ligazóns de interese

www.governo.cv
www.cvinvest.cv
www.bcv.cv
www.unicv.edu.cv
asemana.sapo.cv