Guinea Bissau

Bandeira de Guinea Bissau

A finais de 2013, o FMI apuntou unha taxa de crecemento económico para 2013 do 4,2%, feito que está a favorecer unha dinámica económica positiva neste país. Non obstante, os elementos de incerteza son numerosos, e dependen principalmente da evolución da situación política, e máis particularmente da celebración de eleccións xerais como o pide a comunidade internacional.

As relacións bilaterais entre Galicia e Guinea Bissau no ámbito económico e comercial son case inexistentes, aínda que é certo que dende a apertura da Embaixada en Bissau aumentou o interese dos empresarios no país. Malia iso, a actual situación de inestabilidade política e falta de seguridade xurídica frearon o ritmo de crecemento dos investimentos durante o último ano e medio.

A presenza de empresas en Guinea Bissau aínda é pequena, con todo dende a apertura da Embaixada e durante o período 2008-2012, tanto grazas ás melloras das condicións económicas no país como polo deterioro das posibilidades de negocio para Galicia, creceu o interese por investir neste país

As principais exportacións de Guinea-Bissau son: Anacardios (cajú), produto case exclusivo de exportación. O maior importador é a India. A cifra en toneladas depende do prezo no mercado interno. Madeira: bissilao (acacia senegalesa), pau conta (afzela), pau bicho (iroko) e pau sanghe. Estes tipos de madeira teñen 5 ó 6 tons diferentes. Se exporta a Portugal en bruto (tronco). Pesca: Guinea Bissau conta cun caladoiro non moi grande pero moi rico en crustáceos, ata conta con algunhas especies únicas no mundo como o lagostino tigre. Guinea-Bissau asinou acordos coa UE (en suspenso desde o golpe de estado de 2012) e China e conta con pesca artesanal. Os armadores galegos tiñan ata o golpe de estado unha boa presenza e continúan moi interesados no caladoiro.

Datos

Poboación 2013: 1.613.000 habitantes
Goberno: República semipresidencialista
Presidente: Manuel Serifo Nhamadjo
Capital: Guinea
Cidades principais: Batafa, Gabú, Mansôa, Catió, Cantchungo, Farim.
Moeda: Franco Cfas
Área total: 36.120 km2
Taxa de crecemento PIB: 3,0 % (est. 2014)
IPC 2013: 0,6 %
Principais produtos: Arroz, noz de palma, coco, millo e sorgo, cacahuete, gandería porcina e ovina, madeira, caucho, cervexa, petróleo, bauxita e fósforo.
Fuso horario: UTC-1
Prefixo telefónico: +245

Recursos económicos

Guinea Bissau depende fortemente da agricultura e da pesca (cerca do 62% do PIB). O prezo dos anacardios aumentou e hoxe o país encóntrase no sexto lugar na produción mundial do produto. Guinea Bissau exporta peixe e mariscos xunto con cacahuetes, noces de palma e produtos das actividades extractivas forestais. As licenzas para a pesca son unha fonte de ingresos para o goberno. O arroz é o cereal máis producido e unha comida típica. O turismo é tamén unha aposta crecente do país.

Ligazóns de interese

www.guinebissaurepublic.com
www.bissauinvest.com
www.bdu-sa.com
www.cabralinstitute.org
www.bissaudigital.com