Guinea Ecuatorial

Bandeira de Guinea Ecuatorial

Co forte crecemento económico impulsado pola explotación dos hidrocarburos, o mercado ecuatoguineano esta en continua transformación. Aínda que a demanda pública e do sector petroleiro prevalece sobre outras, a chegada de expatriados cualificados e a aparición dunha incipiente clase local cun amplo poder adquisitivo supoñen unha maior demanda de bens e servizos de consumo. Actualmente existen dous centros económicos onde se desenvolve practicamente toda actividade empresarial. Malabo, capital do país situada na illa de Bioko, e Bata, cidade costeira na parte continental. Aínda que tradicionalmente Malabo foi máis importante desde un punto de vista económico polo establecemento das principais empresas petrolíferas do país, existen perspectivas dun maior crecemento de Bata como consecuencia do plan gobernamental de realizar na parte continental o desenvolvemento do sector industrial así como a construción da nova capital administrativa, Oyala.

Nos últimos anos produciuse un incremento da influencia política e financeira de Guinea Ecuatorial na rexión de África Central. A liquidez que obtén da produción de petróleo e gas natural permítenlle, malia o seu pequeno tamaño xeográfico, demográfico e económico e a súa tardía incorporación á francofonía, alcanzar fitos como o nomeamento dun gobernador ecuatoguineano no Banque deas États de l'Afrique Central (BEAC).

Os portos de Malabo e de Bata, tralas súas últimas ampliacións, forman parte das infraestruturas clave para desenvolver a estratexia do Goberno ecuatoguineano. Esta pasa por facer do país un punto rexional e de prestación de servizos, grazas á situación xeográfica do país, no centro do Golfo de Guinea, entre Nixeria, Camerún e Gabón

Datos

Poboación 2013: 1.772.2754 habitantes
Goberno: República presidencialista dentro do marco dunha dictadura militar
Presidente: Teodoro Obiang Nguema
Capital: Malabo
Cidades principais: Malabo, Bata, Ebebiyín, Aconibe, Añisoc, Luba.
Moeda: Franco CFA de África Central (XAF)
Área total: 28.051 km2
Taxa de crecemento PIB: -2,4 % (est. 2014)
IPC 2013: 3,2 %
Principais produtos: Petróleo, madeira, agricultura, cacao, algodón, café, cana de azucre, froitas tropicais, gandería.
Fuso horario: UTC+1
Prefixo telefónico: +240

Recursos económicos

Actualmente a riqueza principal é o petróleo e os seus derivados, a explotación de madeiras nobres, a agricultura, con produtos como o cacao, algodón, café, a cana de azucre, froitas tropicais. Tamén destaca a gandería debido á existencia de terras altas aptas para o vacún, e os minerais, en particular los metais preciosos, cuxo comercio informal é destacable.

A emisión de selos postais, principalmente destinado á compilación filatélica, é tamén unha importante fonte de ingreso para a súa economía.

Ligazóns de interese:

www.mae-ge.org/
www.guineaecuatorialpress.com/
www.beac.int/
www.unge.gq/
www.diariorombe.es/