São Tomé e Príncipe

Bandeira de São Tomé e Príncipe

A economía de STP é, por volume, a de menor tamaño de todo o continente africano. O seu PIB é de 263 M$ (datos de 2012, BM) e a súa renda per cápita é de 1.400 $ (2012).  É un país cunha unha economía pouco desenvolvida, moi debilmente diversificada baseada sobre todo no cultivo do cacao e nun turismo de pouca escala, aínda que en crecemento.

Con todo, nos últimos anos o sector público estivo financiando o seu crecente gasto mediante os dereitos de explotación petrolífera,  feito que lle permitirá nos próximos anos afrontar a tarefa de conciliar e xestionar os seus novos motores de desenvolvemento: petróleo, o seu potencial como base loxística do Golfo de Guinea e o desenvolvemento do sector turístico.

Asemade, aproveitando as súas excelentes condicións xeográficas, o goberno tratou de mellorar as infraestruturas do lugar co obxectivo de sentar as bases para o desenvolvemento do turismo na zona. O sector do goberno representa un 11% do emprego. As reformas centráronse na privatización, especialmente na agricultura e os sectores industriais. En abril de 2010, o FMI salientou que São Tomé acadou unha importante rebaixa da inflación a un 3%, un crecemento da economía a un 4% e unha notable redución do déficit fiscal. En 2011, São Tomé e Nixeria chegaron a un acordo para a explotación conxunta das augas,  reclamadas por ambos países na provincia do Delta Nixeriano.

Datos

Poboación 2012: 188.098 habitantes
Goberno: República Unitaria Semipresidencialista
Presidente: Manuel Pinto da Costa
Capital: Santo Tomé
Cidades principais: Santo António, Santa Cruz, Neves.
Moeda: Dobra (STD)
Área total: 1.001 km2
Taxa de crecemento PIB: 4,0% (2013 est.)
IPC 2013: 4.5%
Principais produtos: Agricultura, pesca, sal, pozolana, pesca, forte sector turístico.
Fuso horario: UTC
Prefixo telefónico: +239

Recursos económicos

Dende 1800 a economía de Santo Tomé e Príncipe basouse na agricultura; o cultivo dominante é o cacao, que representa un 95% das exportaciones do país. Outros productos son a copra, palmitos, banana e café. Ademáis da agricultura a principal actividade económica é a pesca e pequeñas industrias do sector alimenticio. Os paisaxes das illas teñen un potencial atractivo turístico, e o gobernó está a tratar de mellorar as infraestructuras do lugar, aínda que polo momento a existencia destas illas é prácticamente descoñecida para exencias de viaxes non portuguesas. A emisión de sellos postais, principalmente destinado ao coleccionismo filatélico, é tamén una importante fonte de ingresos para a súa economía.

Ligazóns de interese:

www.gov.st
www.saotome.st
www.jornal.st
www.bcstp.st
www.ulusiada.pt