Timor Leste

Bandeira de Timor-Leste

Dende a súa independencia, Timor Leste, está sentando as bases dun verdadeiro desenvolvemento sostible. Cunha economía baseada esencialmente no sector agrícola de subsistencia, caracterizada por unha baixa produtividade e minifundista, con máis do 70 % da poboación vivindo en áreas rurais, pasou no 2007 a empregar a  un 41%.

A principal fonte de financiamento público (máis do 90% do seu orzamento) provén dos ingresos derivados da explotación de petróleo e gas nas súas augas territoriais. A economía non petroleira (con datos de PNB 2012) está dominada polo sector público ( 45%), seguido de servizos/industria (28%) e agricultura de subsistencia (27%).

A explotación dos recursos petrolíferos e de gases nas augas do país proporcionou unha grande fonte de ingresos. En 2009 estimábase a produción diaria nuns 86.000 barrís de petróleo,  cunhas reservas probadas a xaneiro de 2011 de 553,8 millóns de barrís,  e 200.000 millóns de m3 de gas. En xuño de 2005 o Parlamento Nacional aprobou unanimemente a creación dun Fondo Petróleo, similar ao de países como Noruega, que servise como depósito para todos os ingresos de petróleo,  e conservar deste xeito os beneficios e os recursos de Timor Oriental para futuras xeracións;  en 2012 contaba cuns activos de 10.540 millóns de US$.

Timor Oriental conta ademais con grandes potencialiades no referente á exportación  de recursos naturais como café, madeira de sándalo, mármore ou vainilla. Actualmente, e sen contar a exportación de petróleo, o 97% das exportacións restantes do país son grazas ao café.

Datos

Poboación 2012: 10.459.806 habitantes
Goberno: República Parlamentaria
Presidente: Taur Matan Ruak
Capital: Díli
Cidades principais: Baucau, Manatuto, Aileu e Liquiça.
Moeda: US Dólar
Área total: 14.874 km2
Taxa de crecemento PIB: 10,0% (2012 est.)
IPC 2013: 13.5%
Principais produtos: Petróleo, gas natural, cobre, sándalo, café, copra, algodón, cana de azucre e aceite de coco.
Fuso horario: UTC+9
Prefixo telefónico: +670

Recursos económicos

Timor Leste cobre a parte oriental da illa de Timor e inclúe a pequeña illa de Ateauro e o distrito costeiro de Oecusse. Trátase dun país pequeno, cunha economía en crecemento impulsada en gran medida polos seus recursos naturales: gas e petróleo.

Ligazóns de interese:

www.timor-leste.gov.tl
www.jornal.gov.tl
www.bancocentral.tl
www.bnu.tl
http://www.untl.edu.tl