Portugal

Bandeira de Portugal

Existen en Portugal dous centros económicos arredor dos que xira a economía do país:  Lisboa e  Porto. Cun radio de influencia de tan só 50 km en cada caso, atenden a unha demanda potencial duns tres millóns de habitantes na zona norte,  e uns 3,5 millóns na zona centro. Sendo a poboación total do territorio de 10,6 millóns de habitantes, o que significa que o 62% da mesma queda dentro do perímetro das zonas de influencia anteriormente citadas.

A área metropolitana de Lisboa é o maior centro comercial do país, onde se concentran case todolos servizos, cun 30% do total de establecementos comerciais, seguido a certa distancia de Porto.

A economía portuguesa viuse fortemente afectada pola crise financeira internacional. As medidas de estímulo e apoio ás empresas, lanzadas polo goberno luso entre 2007 e 2008, tiveron un efecto moi negativo nas contas públicas ao supoñer unha redución dos ingresos fiscais. Ademais do crecente peso dos servizos na actividade económica verifícase un significativo cambio na especialización da industria transformadora en Portugal, que se modernizou, pasando dunha dependencia das actividades industriais tradicionais a unha situación na que novos sectores, con maior incorporación tecnolóxica, gañaron peso e ritmo de crecemento. Destacan os sectores do automóbil e os seus compoñentes, electrónica, enerxía, farmacia e novas tecnoloxías.

Na última década producíronse tres grandes cambios estruturais nas exportacións portuguesas: o aumento do grao de intensidade tecnolóxica, debido ao cambio na estrutura das vendas ao exterior (crecemento das exportacións de bens en sectores de tecnoloxía media e alta,  e notable diminución do peso dos sectores de baixa tecnoloxía); o fortalecemento das exportacións de servizos,  e a diversificación dos mercados de exportación cun maior peso dos mercados extracomunitarios.

Datos

Poboación 2013: 10.459.806 habitantes
Goberno: República Unitaria Semipresidencialista
Presidente: Aníbal Cavaco Silva
Capital: Lisboa
Cidades principais: Aveiro, Braga, Coimbra, Évora, Faro, Funchal (Madeira), Ponta Delgada (Açores), Porto, Setúbal.
Moeda: Euro (€)
Área total: 199.380 km2
Taxa de crecemento PIB: -1,4 % (2013 est.)
IPC 2013: 3.7%
Principais produtos: Olivas e aceite, trigo, millo, viños (especialmente viño de Oporto e viño de Madeira), froita, remolacha doce e tabaco, cortiza, cobre, sal, lítio, wolframio, feldespato e mármore.
Fuso horario: UTC+1
Prefixo telefónico: +251

Recursos económicos

A agricultura representa máis do 2% do PIB. Os principais produtos son os cereais, as froitas, as verduras e o viño. O sector da exportación mineira (cobre, estaño) representa o 6% do PIB. A industria manufacturera é moderna e os seus principais sectores de actividade son a metalurxia, á enxeñaría mecánica, textil e a construcción. O turismo tamén desempeña un papel moi importante na economía. O sector terciario aporta cerca do 75% do PIB e emprega a máis do 60% da poboación activa.

Ligazóns de interese:

www.portugal.gov.pt
www.publico.pt
www.privatbank.pt
www.up.pt