convite_exportar_en_galego[1]

Presentase o portal www.exportarengalego.gal na Cámara de Comercio e Navegación de Tui

convite_exportar_en_galego[1]

O vindeiro venres día 20 de Febreiro ás 110:00 horas da mañá na Cámara de Comercio e Navegación de Tui, a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia presentarán ao público  “Exportar en Galego, a primeira plataforma de apoio á exportación galega aos paises da lusofonía, que conta ademáis cunha novidosa ferramenta, o buscador Paz-Andrade, unha ferramenta que permitirá aos empresarios realizar procuras sobre diferentes aspectos económicos dos paises da lusofonía como datos de contacto de institucións gubernamentais, portos, universidades, bancos, lexislación, aduanas, e todo tipo de datos de interese económico.

O evento contará cos seguintes ponentes:

– Don Gumersindo Alonso Gestoso, presidente da Cámara de Comercio e Navegación de Tui

– Don David Sobral Pidre, secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais;

– Don José María Fonseca Moretón, empresario e vicepresidente da Cámara de Comercio de Tui;

– Don Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia;

– Don Jorge Salgueiro Mendes, presidente da Câmara Municipal de Valença do Minho;

– Don Moisés Rodríguez Pérez, alcalde do Concello de Tui.

Tralo acto de presentación, a xornada completarase cunha demostración do funcionamento da plataforma “Exportar en galego” e do seu buscador “Paz Andrade” a cargo de don Nicolás Iván Vaqueiro, de Galipad consultling S.L., e dona Maite Vence, de Faz Cultura e Desenvolvemento, respectivamente.

 

Posted in Uncategorized.