Moçambique

Bandeira de Moçambique

Desde finais dos anos oitenta, a política económica de Mozambique  facilitou unha estabilidade do país a través de altos índices de crecemento do PIB e dunha inflación controlada. Entre 1994 e 2006 a taxa media do PIB situouse nun 8%, continuando en niveis moi altos entre 2008 e 2013.  O país converteuse  así nunha das economías de máis rápido crecemento de África, con previsións para 2015 do 7,3 % motivadas fundamentalmente pola previsión de  grandes investimentos en infraestruturas e recursos naturais. O PIB a principios de 2014 situouse en 15.329 MUSD e o PIB per cápita en 635, con isto, Mozambique continúa impulsando, co apoio do FMI, unha axenda de reformas estruturais que permitirá investimentos innovadores.

A medio prazo,  o país mozambicano poderá converterse nun dos principais produtores de carbón e gas natural do mundo. Actualmente estímase que conta cunhas reservas de carbón de aproximadamente  2.300 millóns de toneladas, así como de máis de 180 trillóns de pés cúbicos de gas natural. Nos últimos anos produciuse unha gran entrada de capital estranxeiro, que serviu para financiar importantes proxectos construtivos. A isto débense sumar as reservas de gas natural off-shore atopadas na provincia de Cabo Delgado.

Datos

Poboación 2013: 25.833.752 habitantes
Goberno: República Presidencialista (Independente dende 1975)
Presidente: Armando Guebuza
Capital: Maputo
Cidades principais: Cabo Delgado, Beira, Pemba, Inhamabane, Xai-Xai.
Moeda: Metical
Área total: 199.380 km2
Taxa de crecemento PIB: 7,1 % (2013 est.)
IPC 2013: 10.4 %
Principais produtos: Cana de azucre, alumínio, té, opra, marisco (camaróns e langosta), atuns,sisal, algodón, anacardio, mandioca, cítricos, papas, xirasoles, bovinos, porcinos, aves de curral.
Fuso horario: UTC+2
Prefixo telefónico: +258

Recursos económicos

Mozambique debe una gran fonte dos seus ingresos á axuda estranxeira, o Banco Mundial e o FMI, aseguraron un fluxo importante de donacións a cambio de axustarse ás recomendacións contidas nos programas destes organismos (iniciativa HIPC; Fondo de Crecimiento y Reducción de Pobreza; PSI). Ás principais fontes de ingreso, a parte desta axuda, son a explotación de aluminio, carbón, algodón, azucre, madeira, pesca e anacardos.

Ligazóns de interese:

www.portaldogoverno.gov.mz
www.mozambique-emb.es
www.jornalnoticias.co.mz
www.verdade.co.mz
www.milleniumbim.co.mz
www.bci.co.mz