Cidade de Macau

Bandeira de Macau

A pesar da súa integración en China no ano 1999, a economía de Macao segue a ser unha das máis abertas do mundo. As exportacións de pezas de vestir e o turismo relacionado cos xogos de azar  son os alicerces da súa economía. Macao non ten terra cultivable e dispón de poucos recursos naturais, polo que depende da China continental e do exterior para fornecerse da subministración de produtos alimentarios, auga doce, ou enerxía. Malia que se viu fortemente afectada pola crise financeira asiática de 1997-1998 e a crise global en 2001, a súa economía medrou  un 13,1% anual de media entre 2001 e 2006.

Macao é membro de pleno dereito da Organización Mundial do Comercio, o que unido aos altísimos ingresos fiscais da industria e do xogo rendible, o goberno da rexión foi quen de impulsar unha batería de investimentos, reformas,  e de introducir o programa de benestar social de 15 anos de educación gratuíta a tódolos cidadáns da cidade.

Durante os tres primeiros trimestres de 2014, Macao rexistrou un aumento do 11,4% do seu PIB, impulsado polo desenvolvemento de novas liñas de negocio nos ámbitos tecnolóxicos, o rápido aumento no número de visitantes do continente debido á relaxación das restricións ás viaxes, o aumento dos gastos públicos de obras e os fluxos de investimento significativos asociados coa liberalización do sector do xogo de Macao. O orzamento tamén volveu ao superávit a partir de 2012 grazas ao aumento de visitantes procedentes de China e a un aumento dos impostos sobre as ganancias de xogos de azar, que xeraron o 70% dos ingresos do Goberno.

Datos

Poboación 2012: 556.783 habitantes
Goberno: República Popular de China
Presidente: Chiu Sai On
País: China
Área total: 25,2 km2
Taxa de crecemento PIB: 12,5 % (medio dende 1999)
IPC 2013: 1,5 %
Fuso horario: UTC+8
Prefixo telefónico: +853
Moeda: Pataca (MOP)

Recursos económicos

A economía está en gran parte baseada no turismo e na produción de téxtiles e de fogos de artificio. Despois de Hong Kong ter substituído Macau como porto de comercio occidental na China, a economía de Macau ten dependido de catro piares: turismo e dos xogos de azar nos casinos, procesamento de téxtiles, transaccións bancarias e construción.

Ligazóns de interese

portal.gov.mo
www.umac.mo
jtm.com.mo
www.ipim.gov.mo